Quen somos?

Os Colectivos Cidadáns a prol da Renda Básica somos a organización galega que defende a implantación dunha Renda Básica Universal, Incondicional, Individual e Suficiente como un novo dereito humano. A implantación deste dereito nunca pode implicar un recorte das prestacións do que se entende polo Estado de Benestar.

O noso ámbito territorial é Galicia, creándose Colectivos de ámbito territorial inferior cando sexa posíbel. Neste momento existen os de Santiago de Compostela, A Coruña e Betanzos.

Formamos parte dun movemento internacional a prol da instauración deste dereito e, como tal, incluímonos dentro de:

-Rede Renda Básica do Reino de España (RRB) http://www.redrentabasica.org/rb/

-Unconditional Basic Income Europe (UBIE)  https://www.ubie.org/

-Basic Income Earth Network (BIEN) https://basicincome.org/

Entradas recientes

“O dilema do século XXI é renda universal ou barbarie”: entidades galegas lanzan o debate cun vídeo colectivo.

Reproducimos a seguir un documentado artigo de Marcos Pérez Pena no xornal “Praza.gal” con motivo da publicación do noso vídeo “RBUI unha idea deste tempo“. “A proposta de poñer en marcha unha renda básica universal leva anos enriba da mesa. O debate medrou durante a anterios crise económica iniciada no ano 2008 e en xaneiro … Seguir lendo ““O dilema do século XXI é renda universal ou barbarie”: entidades galegas lanzan o debate cun vídeo colectivo.”

Videoconferencia Renda Básica Universal e Incondicional en Modepen o día 04-11-2020.

O pasado día 4 de novembro de 2020 o Movemento Galego pola Defensa das Pénsións Públicas (MODEPEN) organizou un debate sobre a Renda Básica Universal e Incondicional a través da plataforma ZOOM, actuando como relatores Xabier Pérez Davila e Bieito Lorenzo Penela. Neste enlae podedes ver o video das interevencións dos dous relatores: –Relatorio de … Seguir lendo “Videoconferencia Renda Básica Universal e Incondicional en Modepen o día 04-11-2020.”

Dous Manifestos Pola Cultura

Por Afonso-Bieito Lorenzo Penela Publicado en praza.gal (14-10-2020): Enlace ao artigo en Praza.gal Todos os sectores económicos están a sufrir graves dificultades por culpa desta pandemia, afondando unha crise que xa viña de atrás (Ben todos, todos, non. Hai excepcións, contadas dende logo, pero siginificativas, como o da especulación – Un botón- Elon Musk gañou 7.000 … Seguir lendo “Dous Manifestos Pola Cultura”